PÁGINAS

jueves, 22 de marzo de 2012

Aclaraciones sobre la muerte de un menor en un centro de menores de Ourense

Nos han hecho llegar unas aclaraciones sobre la noticia referida a la muerte de un menor en un centro de menores de Ourense (puedes leer aquí la noticia que publicamos), publicando a continuación su contenido (agradecemos la corrección).


Ante a noticia aparecida nos medios de comunicación no día de hoxe, 24 de febreiro de 2012, na que se da conta da aparición dun menor tutelado pola Xunta de Galiza, falecido nun centro en Ourense, dende a CIG-Autonómica queremos manifestar o seguinte:
1º.- Expresar a nosas condolencias a familia do menor finado polo lutuoso suceso, suceso que lamentamos profundamente, xa que a perda de unha vida, sobre todo cando é a vida de un menor, é sempre unha perda irreparábel.
2º.- Aclarar que o suceso aconteceu no Centro de Menores de MONTELEDO de Ourense, Centro que é privado, aínda que subvencionado con fondos públicos.
3º.- Que este menor nunca estivo internado no Centro de Menores de Montealegre, nin tivo ningunha relación con dito centro. Único centro público de Ourense, xunto co Centro de Menores da Carballeira, con persoal da Xunta de Galiza. Centro que, por certo, a Administración pretende pechar para despois dar a súa xestión a unha empresa privada.
4º.- Expresar a nosa total solidariedade co persoal do Centro de Menores de Monteledo, xa que entendemos que a súa profesionalidade esta absolutamente contrastada.