domingo, 29 de junio de 2014

Movilizaciones el 30 de junio contra la represión sindical

CCOO, UGT e CIG denuncian que, conforme se agravan as políticas de recorte e agresión contra os dereitos das clases populares, asístese tamén á reiterada criminalización da resposta social, especialmente a de carácter sindical. Actualmente, numerosos traballadores e traballadoras en todo o estado, tamén en Galicia, foron sometidas a xuízo, nalgúns casos con condenas que implican o ingreso no cárcere. Por esta razón, convocan mobilizacións en toda Galicia para o vindeiro día 30.
CCOO, UGT e CIG lembran que defender os dereitos da clase traballadora non é delito
CCOO, UGT e CIG lembran que defender os dereitos da clase traballadora non é delito
Os sindicatos critican que mentres o poder actúa con dureza contra a clase traballadora, a Fiscalía e os tribunais manteñen unha actitude de total pasividade diante dos empresarios e empresarias que ameazan, coaccionan e vulneran todos os días os dereitos dos seus empregados e empregadas. Para CCOO, CIG  e UGT, o Goberno do PP é o culpable desta situación e chamarán a toda a clase traballadora e o pobo galego a responder contra esta inxustiza.

MANIFESTACIÓNS:
— A CORUÑA: saída ás 20 h da Casa do Mar e remate na Delegación do Goberno
— FERROL: saída ás 20 h da praza de España e remate na praza de Armas
— LUGO: saída ás 20 h do edificio sindical e remate na Subdelegación do Goberno
— OURENSE: saída ás 20 h da praza do Concello e remate na Subdelegación do Goberno
— VIGO: saída ás 20 h da Vía Norte e remate no Museo de Arte Contemporánea (na rúa do Príncipe)

CONCENTRACIÓNS:
— SANTIAGO DE COMPOSTELA: ás 20 h na praza de Galicia
— RIBEIRA: ás 20 h na praza do Concello
— VIVEIRO: ás 12:30 h diante dos Xulgados
— MONFORTE DE LEMOS: ás 20 h dos Xulgados
— PONTEVEDRA: ás 20:30 h na praza da Peregrina
— VILAGARCÍA DE AROUSA: ás 20:30 h diante da Casa do Mar